Os nosos servizos

Os nosos coñecementos e experiencia ao alcance da súa man

Localización web

Prepare o seu negocio para a transformación dixital en todos os países dun xeito atractivo. Grazas ao noso servizo integrado de xestión e a colaboración directa co seu equipo, todo o proceso desenvólvese dun xeito áxil e fluído. Proporciónelle aos seus clientes unha mensaxe clara e atractiva, culturalmente adaptada e personalizada para o seu público obxectivo. Traballamos cos ficheiros de orixe do seu sitio web para reducir os prazos de implementación e eliminar erros innecesarios.

Localización de software e apps

Mellore a experiencia de usuario para os seus clientes internacionais e amplíe o seu negocio máis alá do seu mercado local. Grazas ao noso servizo de localización de software e aplicacións, pode xerar un valor engadido para as súas apps e incrementar as súas vendas e ingresos e fidelizar aos seus clientes. Na tendencia actual de transformación dixital da sociedade, vostede pode ampliar o seu ámbito de actividades e potenciar as súas vendas expandíndose a outros mercados. Lidere o camiño utilizando os nosos completos servizos de xestión.

Comercio electrónico e internacionalización

Traduza todos os contidos da súa tenda en liña para manter a nivel global a relevancia do seu negocio local sen límites nin horarios. Ofrecémoslle un servizo de actualizacións periódicas, para que poida seguir vendendo independentemente de onde se atope, ademais de potenciar os seus resultados nas buscas de Internet. Manteña o seu negocio aberto para os seus clientes e cree unha relación efectiva que potenciará as súas vendas e ampliará o alcance do seu mercado. Obteña un maior retorno de posicionamento con custo mínimo.

Transcreación

Traslade exactamente o mesmo impacto cultural en todos os seus idiomas de destino. Creamos significado para o seu contido, mantendo o concepto intacto e engadindo o ton correcto. Os nosos anos de experiencia permítennos crear unha versión nova, especificamente elaborada para o seu mercado particular, mantendo a intención, o contexto, o estilo, o ton e a emoción do orixinal.

Creación de aplicacións e web

Os nosos coñecementos lingüísticos e experiencia na creación de software permítennos desevolver a súa app ou sitio web, adaptando os seus contidos a un contexto multicultural e plurilingüe. Coñecemos a mellor ruta desde a ideación ata a comercialización de calquera aplicación de software. Falamos Windows, iOS e tamén Android.

Tradución

Ofrecemos servizos de tradución para atender todas as súas necesidades empresariais. Proporcionámoslle o apoio que necesita no seu proceso de internacionalización e axudámolo a ampliar o alcance dos seus produtos ou servizos globalmente. Traducimos a súa documentación empresarial e comercial en formato dixital ou impreso.

Os nosos proxectos

Velaquí unha pequena mostra dos diferentes proxectos que realizamos
nalgúns dos nosos diversos campos de especialización

BBVA

Banca

Disney Store España

Comercio electrónico

Ball Corp.

Sector de envasados

Chevrolet

Fabricante de vehículos

Vueling

Liña aérea

Johnson & Johnson

Produtos de limpeza

Araxis Merge

Desarrolladores de software

Iberdrola

Empresa enerxética

Santander

Banca

Ikea

Mobles de deseño

Swiftkey

Desarrolladores de software

Renfe

Empresa de ferrocarril

tricount

Desarrolladores de software

aviglion

Desarrolladores de software

Comisión Europea

Institución gobernamental

Golden Tulip

Hoteis e resorts

Acerca de nós

Estamos aquí para axudalo

Creación de aplicacións multilingües

Ao seu servizo

Somos unha empresa de localización e tradución situada no noroeste de España. Acumulamos máis de 20 anos de experiencia ofrecendo servizos lingüísticos e de localización, así como de desenvolvemento web e de aplicacións de software.

Traballamos man a man cos nosos clientes para proporcionarlles as solucións de tradución que mellor se adapten ás súas necesidades. Estes son os catro piares que nos definen:
  • Exactitude garantida
  • Entregas puntuais
  • Anos de experiencia
  • Sempre 100 % calidade
Ler máis

O noso equipo

Ao traballar xuntos non existirán as barreiras

Silvia Carril

Tradutora e localizadora

Máis de 20 anos de experiencia no sector da tradución e a localización, con amplos coñecementos técnicos e de xestión de proxectos, e un enfoque exhaustivo na execución de todo tipo de proxectos.

Socios

Especialistas en SW e web

O noso obxectivo é ofrecer un servizo completo. Por iso, traballamos con outros especialistas que complementan e amplían a nosa oferta, mantendo o noso compromiso de calidade e puntualidade nas entregas.

Rede de colaboradores

Transcreadores e tradutores

Contamos cunha ampla rede de colaboradores especializados, validados e con experiencia demostrada nos seus campos de especialización. Tan só traballamos con profesionais nativos.

Solicitude de orzamentos

Precisa dunha tradución e non sabe onde empezar? Ten algo importante que transmitir pero non sabe como facer chegar a súa mensaxe?
Póñase en contacto connosco. Valoraremos as súas necesidades e recomendarémoslle o mellor servizo para vostede.
Así é como o facemos.

1

CONTACTO

2

VALORACIÓN

3

ORZAMENTO

4

REALIZACIÓN

5

ENTREGA

6

PUBLICACIÓN

FALEMOS

A cara humana

Datos de contacto

ilia language services
Cangas - ES-36949
ESPAÑA

Google Maps

Móbil España: (+34) 695480294
Móbil Reino Unido: (+44) 07808 174 984
Email: silvia@ilialang.com